Alta asistencia á feira de oportunidades Stock Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Milleiros de pontevedreses acudiron nas últimas xornadas ao Recinto Feiral de Pontevedra na busca das gangas que expón a feira de oportunidades.
Stock Pontevedra, iniciativa que impulsa o Centro Comercial Urbano Zona Monumental co apoio de Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, recibiu unha alta asistencia de compradores desde a súa apertura o pasado venres.
A previsión da organización é situarse na cifra de 20.000 visitantes de pasadas edicións cando se contabilicen as visitas deste domingo, o día tradicionalmente de maior afluencia coincidindo co peche dos comercios do centro urbano.
Na feira de oportunidades danse cita 63 establecementos comerciais plantexando importantes descontos nunha cita xa consolidada no calendario de eventos da cidade.
Trátase da décimo quinta edición de Stock Pontevedra, aberta desde o venres e ata as 21:00 horas deste domingo. Os asistentes deben abonar 1,50 euros en concepto de entrada.
Relacionadas:
-
Stock Pontevedra abrirá febreiro con grandes descontos e produtos de oportunidade
Por Redacción |
-
Stock Pontevedra, unha cita coas rebaixas para tirar a casa pola xanela
Por Gabriela Varela Asorey & Natalia Puga |
-
Pontevedra ten esta fin de semana unha nova cita cos descontos
Por Redacción |
-
A Zona Monumental prepara unha nova edición de Stock Pontevedra
Por Redacción |