Dous accidentes en Pontevedra e Vilagarcía sáldanse con cinco persoas feridas
Por Redacción
Ata cinco persoas resultaron feridas este sábado en dous accidentes de circulación acontecidos nos centros urbanos de Pontevedra e Vilagarcía.
No caso da capital provincial, o suceso tivo lugar pouco despois das 13:00 horas da tarde no tramo final de Médico Ballina. Nel resultaron feridas dúas persoas, que foron trasladadas para a súa atención médica ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez con prognóstico leve, segundo confirmou a Policía Local da cidade.
De maior envergadura foi o suceso acontecido en Vilagarcía, ao tratarse dunha colisión múltiple entre tres vehículos na que tres persoas resultaron feridas.
Neste caso o accidente tivo lugar na rúa Rosalía de Castro ao redor das 12:35 horas, momento no que un particular alertou ao 112 Galicia para dar conta dos sucedido.
As vítimas foron trasladadas ao Hospital do Salnés.