Enfróntase a cinco anos de cárcere por abusar da filla da súa parella
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra xulgará o vindeiro xoves 8 de febreiro un veciño de Vilagarcía de Arousa que está acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella sentimental. A Fiscalía solicita para el cinco anos de prisión.
O acusado mantivo unha relación coa nai do nena -froito dun matrimonio anterior- durante anos e mesmo tiveron un fillo en común.
No verán de 2015, segundo recolle a fiscal no seu escrito de acusación, a relación xa terminara. Durante dous réximes de visitas, en xullo e en agosto, os dous nenos quedaron en casa do acusado.
Alí, describe a fiscal, "coa intención de satisfacer as súas máis reprobables instintos sexuais", meteuse varias noites na cama da menor e, mentres esta durmía, quitáballe o pantalón do pixama á nena e manoseaba as súas partes íntimas.
A nena espertábase pero non llo dicía ao acusado, segundo o relato dos feitos.
Un xulgado de Santiago, en novembro de 2015, acordou unha orde de afastamento entre o acusado e a menor, tendo prohibido achegarse a menos de 100 metros ou comunicarse con ela por calquera medio.
As psicólogas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) que atenderon á nena recomendaron que a súa declaración no xuízo se faga sen que teña contacto visual nin persoal co acusado.