Luz verde na Deputación á achega de fondos a 10 municipios para a contratación de persoal
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres unha achega económica para unha decena de municipios dentro dos fondos do Plan Concellos 2018.
En concreto trátase de fondos correspondentes á liña 3 de actuación, é dicir, á destinada ao fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Desta forma concellos como os de Poio, Barro, Caldas de Reis, Cambados e A Illa na comarca ademais dos de Pontecesures, Ponteareas A Guarda, Rodeiro e Tomiño recibirán máis de 1,7 millóns de euros para a contratación de 200 persoas.
Máis polo miúdo, Poio dispoñerá de 234.617,87 euros para incorporar 31 traballadores para postos como oficiais de limpeza e servizos múltiples, albanelaría, electricista, dinamización cultural, conserxería, traballo social, atención turística ou auxiliares de clínica.
En Barro a achega é de 96.713,18 euros para a contratación de 13 persoas para transporte, conserxería, albanelaría, conservación de parques e xardíns e animación sociocultural, mentres que en Caldas de Reis destinaranse 160.735,42 euros para empregar a 10 persoas en tarefas como a condución de máquinas, obras públicas e limpeza.
Por último en Cambados recibiranse 215.155,76 para 24 traballadoras e traballadores en labores como medio ambiente, cultura, traballo social, arquitectura técnica, coidado de cans, mantemento e limpeza; e na Illa a cifra ascende a 93.463,52 euros para contratar 14 persoas para axuda no fogar e servizos múltiples.
Con esta achega de fondos a Deputación repartiu xa o 31,4% dos fondos previstos na liña 3 de actuación do Plan Concellos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas incorporará 10 operarios ás súas brigadas
Por Redacción |
-
O Concello de Poio ofertará este ano máis de 70 postos de traballo
Por Redacción |
-
A Deputación aproba máis de 2 millóns de euros para cofinanciar servizos sociais comunitarios
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis, Vilaboa e Vilagarcía, entre os primeiros en beneficiarse do Plan Concellos 2018
Por Redacción |