Febreiro, un mes de culto ao lacón en Cuntis
Por Diego Espiño
O mes de febreiro ten un protagonista indiscutible en Cuntis, o lacón, dentro dun intenso programa de actividades que foi presentado oficialmente este venres na sede de Turismo Rías Baixas.
A XXI edición da Festa do Lacón con Grelos, o día 18 de febreiro, será a cita central desta programación, esperando congregar a miles de visitantes nun evento gastronómico declarado desde 2010 como Festa de Interese Turístico Galego.
"Todos nos podemos acordar como comezou e como pouco a pouco foi facéndose oco no panorama turístico e gastronómico de Galicia", sinalou o alcalde da vila termal, Manuel Campos, acompañado de deputado provincial David Regades, e membros do goberno local.
O encargado de levantar o pano das celebracións será esta mesma fin de semana, os días 2, 3 e 4 de febreiro, a novena edición do concurso 'Tapalacón', no que participan ata 15 establecementos hostaleiros da localidade.
Diferentes obradoiros, cursos e actos convivirán ademais coa programación de entroido, co desfile e concurso o domingo 11 de decembro, sen esquecer a décima edición da concentración moteira Vespalacón (17 de febreiro) ou o valatorio e enterro do 'Chapante'.
En canto á XXI Festa do Lacón con Grelos, a honra de ser o seu pregoeiro recae nesta ocasión no actor e humorista Carlos Blanco.
A segunda edición do Rallymix Cuntis Vila Termal, os días 3 e 4 de marzo, poñerán fin a "este mes cheo de actividades que impulsamos dende un concello pequeno", recoñeceu na súa intervención o alcalde.
Relacionadas:
-
Éxito na degustación de manxares de lacón con grelos na décima edición do Tapalacón de Cuntis
Por Redacción |
-
A Festa do Lacón con grelos en Cuntis bate rexistros con máis de 3.000 persoas
Por Redacción |
-
A Gala do Chapante abre a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis, capital do lacón con grelos cunha festa de récord
Por Redacción |