A Deputación aproba máis de 2 millóns de euros para cofinanciar servizos sociais comunitarios
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres o Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes para o ano 2018.
Nesta convocatoria póñense a disposición dos concellos da provincia 2,3 millóns de euros, 90.078,00 euros máis que no ano anterior. Polo tanto, tal e como sinalou Carmela Silva, "estamos a falar da maior contía ata o momento" destinada ao financiamento do servizo de axuda no fogar básico e ao persoal dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Co servizo de axuda no fogar adxudicáronse 1,2 millones euros co que son atendidas as persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con diversidade funcional, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
O perfil destas persoas usuarias e principalmente unha muller, maior de 70 anos, coas limitacións propias da idade e que precisa apoio para realizar algunha das tarefas e actividades da vida diaria.
Silva recordou que na convocatoria do ano 2017 pasouse a financiar a aqueles concellos que ata ese momento non contaban con ningún financiamento de persoal deste organismo provincial e neste "esforzo continuo por mellorar a calidade e eficacia" dos servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes, este ano 2018, pasase a financiar a todos os concellos que ata este momento non contaban cun técnico.
A presidenta recalcou que "con este plan, gobernos de todas as cores políticas van a recibir recursos para así garantir máis equidade, máis dereitos e máis equilibrio entre os concellos da provincia de Pontevedra".