O alumnado do colexio A Florida celebra o Día Mundial dos Humidais
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente organizou este xoves varias actividades lúdicas e didácticas con motivo do Día Mundial dos Humidais, efeméride que se celebra en Galicia desde 1997 para sensibilizar á sociedade sobre os valores destes espazos e os seus beneficios para a natureza.
En O Grove, a aula da interpretación da natureza do Monte Siradella recibiu a 26 nenos do CEIP A Florida de Sanxenxo que participaron desde o mediodía nunha serie de actividades ao aire libre e xogos didácticos, incluídos unha charla sobre os humidais e a lectura dun conto sobre o convenio Ramsar, subscrito en 1971 para poñer en valor este tipo de espazos.
Para poñer punto e final á visita, a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, fixo entrega aos alumnos e profesores asistentes dun diploma que os acredita como embaixadores dos humidais.
Con esta distinción, explicou, recoñécese a vontade do centro educativo de contribuír na defensa e conservación dos hábitats e especies do complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira, recoñecido tamén como zona de especial protección para a as aves (ZEPA). De feito, os 26 rapaces participantes tamén tiveron ocasión de facer un roteiro pola zona e participar nun avistamento de aves.