Abeigón (PP) pide ao Concello que asuma a xestión e mantemento do pavillón de Monte Porreiro
Por Diego Espiño
O Partido Popular rexistrou unha moción para o seu debate no pleno municipal na que pide ao goberno local que suma a xestión, limpeza e mantemento do pavillón de deportes de Monte Porreiro ou "se defina legalmente su modelo de gestión" para terminar co que entende como "numerosas deficiencias" que sofren as instalacións.
Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro popular Tomás Abeigón, nunha iniciativa que pretende dar continuidade ás presentadas no seu momento en relación aos pavillóns de Salcedo e Monte Carrasco insistindo no que entenden como "falta de mantemento" das instalacións municipais.
O edil do PP acusou ademais ao Concello "falta de transparencia" preguntándose "¿a dónde va a parar el dinero que se cobra en las instalaciones deportivas municipales?".
Abeigón queixouse de non atopar a que se adica esta recadación tras consultalo no servizo municipal de Tesourería.
Relacionadas:
-
O PP quere regular o uso das instalacións deportivas municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Pingueiras, portas bloqueadas e falta de limpeza no pavillón de Monte Carrasco
Por Redacción |
-
O PP denuncia que se están a vender alimentos sen autorización no interior do Pavillón Municipal
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O "estado de abandono" do pavillón de Salcedo motiva as críticas do PP
Por Diego Espiño |