O proxecto de micrófonos direccionais do IES Sánchez Cantón, seleccionado para o InnovAmes
Por Redacción
O micrófono direccional que mellora a capacidade auditiva das persoas con problemas de oído foi seleccionado na edición de InnovAmes 2018. A xornada será este venres 2 de febreiro na Casa de Cultura de Milladoiro, organizada polo Concello de Ames coa intención de promover as últimas tendencias no mundo da innovación.
Este proxecto foi elaborado por estudantes do IES Sánchez Cantón de Pontevedra baixo a titela da profesora de Tecnoloxía, Lourdes García e de Benito Búa, profesor de Matemáticas. Esta iniciativa xa fora seleccionada para participar no Teen Tech, un prestixioso concurso de propostas tecnolóxicas realizadas por estudantes.
A organización da Maker Faire Galicia seleccionaba este proxecto para participar nesta xornada en Ames na que tres estudantes pontevedreses de segundo de bacharelato, Inés Pérez, Javier de la Cruz e Carlos Argibay defenderán a súa proposta.
En InnovAmes van desenvolverse diferentes talleres relacionados coa creatividade tecnolóxica en que teñen cabida desde a robótica ata a programación de aplicacións para dispositivos móbiles.
Relacionadas:
-
Estudantes do IES Sánchez Cantón amosarán os seus proxectos na Galicia Maker Faire
Por Redacción |
-
Os dous proxectos do Sánchez Cantón para o TeenTech, rumbo a Londres
Por Alejandro Espiño |
-
Estudantes do Sánchez Cantón buscan financiación para defender dous proxectos científicos na final dos premios TeenTech
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |