Cuntis incrementa as tarefas de mantemento do xacemento de Castrolandín
Por Redacción
O Concello de Cuntis puxo en marcha tarefas de mantemento e tratamento no arboredo da contorna do castro de Castroolandín para mellorar a situación de distintas especies, entre ellas, varios carballos.
Os traballos están sendo coordinados pola Fundación Terra Termarun, encargada da xestión do xacemento. As tarefas de podado realízanse de xeito manual e sen utilizar ningún tipo de maquinaria que poida danar a contorna.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, son traballos "moi necesarios para o entorno". Xa se fixeron no pasado, pero este ano o Concello aumentounos co obxectivo de que o castro presente unha mellora de cara á chegada de visitantes.
Castrolandín recibe visitas de veciños de Cuntis e de visitantes de distintos puntos de fóra do municipio, por iso é polo que o Concello foi aumentando o programa de mantemento ano tras ano.