A Xunta somete a información pública o proxecto da senda entre Coirados e Pardavila, na estrada PO-313
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este luns o inicio de información pública do proxecto da senda na estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, na que salientou que este proxecto sométese a información pública durante un período de trinta días hábiles para que se poidan formular observacións relativas á concepción global do trazado deseñado.
Precisou que unha vez estudadas as alegacións recibidas se redactará o proxecto para a continuación elevalo ao Consello da Xunta e licitalo, prevéndose o inicio das obras para finais deste ano ou comezos do próximo.
O proxecto, cun orzamento estimado duns 600.000 euros, ten por obxecto a construción dun itinerario de 2 quilómetros pola marxe esquerda da estrada PO-313.
Francisco Menéndez precisou que, no concello de Marín, o goberno galego xa está avanzando na análise das alegacións para redactar o proxecto da senda entre Vilaseca e Lapamán, co fin de licitar as obras proximamente.
Relacionadas:
-
A Xunta aproba a construción dunha senda peonil e ciclista en Marín entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |
-
A Xunta cita aos afectados polas obras da senda entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
O Concello arromba o lavadoiro de Coirados
Por Oskar Viéitez |
-
A veciñanza traslada as súas suxestións sobre a senda de Lapamán á conselleira Ethel Vázquez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Melloras en seguridade viaria e en sendas e estradas provinciais, principais demandas dos veciños de Marín
Por Redacción |
-
Impulso á senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Diego Espiño |
-
Marea de Marín pide á Xunta melloras de seguridade viaria en Pardavila
Por Oskar Viéitez |
-
Marín solicita á Xunta a creación de sendas peonís en Seixo, Lapamán e Pardavila
Por Redacción |