Usuarios do centro de saúde de Baltar volverán mobilizarse polas carencias
Por Oskar Viéitez
A Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo celebrou este sábado unha asemblea para analizar as carencias do centro de saúde de Baltar, entre outras, sinalan a escaseza de persoal no servizo de Pediatría.
Os afectados acordaron realizar unha nova concentración para finais do próximo mes de febreiro e se a situación non se corrixe propoñen unha manifestación para o 30 de marzo.
Na asemblea veciñal participaron traballadores do centro de saúde que relataron a falta de recursos materiais, a escaseza de espazo para as funcións de enfermería ou os problemas derivados de non contar con substitutos para as baixas e vacacións do persoal.
Na reunión convidouse os asistentes a participar na manifestación organizada por SOS Sanidade Pública para o próximo 4 de febreiro en Santiago.