SAL renova a súa xunta directiva
Por Redacción
A xunta xestora de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) levará á asemblea que se celebrará o vindeiro domingo 29 a elección de nova xunta directiva.
Despois dunha campaña de captación na que se incorporaron máis dunha trintena de novos afiliados, a segunda forza política de Sanxenxo nas últimas eleccións, pretende consolidarse dentro do panorama político municipal. Para iso una das medidas inmediatas será a elección dunha nova xunta directiva.
Ademais, a xunta xestora tratará entre outros temas a aprobación de contas ou a modificación dos estatutos, dando cabida á posibilidade de elixir a figura de coordinador, que realizaría a función de mediación entre o partido político e o grupo municipal.
O acto terá lugar, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no local social e cultural de Vilalonga (antigo Hotel Ribago).