O goberno da Deputación responde: "O 48% do diñeiro do Plan Concellos foi para gobernos locais do PP"
Por Redacción
O deputado provincial Carlos López Font mostrábase sorprendido este xoves ante as acusacións realizadas polo grupo do Partido Popular que cualificaba ao goberno da Deputación de "sectario" alegando que a maioría das axudas do Plan Concellos se destinou a concellos gobernados polo PSdeG-PSOE e polo BNG.
Font asegura que lle causa sorpresa ver como a dirección do PP permite aos seus deputados "facer o ridículo máis absoluto". O deputado afirma que os populares levan dous anos e medio mostrando á cidadanía que carecen de ideas, proxectos e alternativas. Cre que están a recorrer á mentira e cada rolda de prensa que ofrecen incrementa o desprestixio do PP. "A verdade é que dan pena", asegura Carlos López Font.
Sinala que ao Plan Concellos poden presentarse todos os municipios que así o decidisen e afirma que os concellos gobernados polo PP reciben 3.876.591 euros porque así o solicitaron. Indica que o PP está a faltar ao respecto aos seus propios alcaldes cualificándoos de "pouco ambiciosos". Alega que se teñen menos recursos foi porque pediron menos recursos.
Sobre as acusacións de sectarismo lanzadas polo PP, Font apunta que é unha denuncia ridícula porque "os datos falan por si sós. Non é cuestión de opinións e falacias, senón de cifras obxectivas e esas cifras na repartición de recursos aos concellos de menos de 50.000 habitantes no que levamos de lexislatura". O deputado pregúnntase se é sectarismo que os concellos gobernados polo PP na provincia reciban o 48.42% dos recursos do plan da Deputación.
Tamén afirma que os populares mintan cando di que o goberno local desmantela a Cidade Infantil Príncipe Felipe ou o Parque de Maquinaria. Font asegura que o que fixeron foi racionalizar, organizar e que agora se preste un mellor servizo. "O que fixemos foi romper cos privilexios e a mala organización do PP", concluíu Font para asegurar que tamén se senten moi orgullos do Plan Revitaliza de compostaxe.
Relacionadas:
-
O Partido Popular cre que o "sectarismo" está a marcar a política do goberno da Deputación
Por Anxo Lourido |
-
Carmela Silva expresa o seu "absoluto rexeitamento" á forma de facer política do PP
Por Oskar Viéitez |
-
O PP emenda os orzamentos da Deputación por estar elaborados "de costas aos concellos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |