Cuntis quéixase do "deficiente servizo" de conexión a internet no municipio
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis fixo público o seu malestar polo "deficiente servizo" de conexión a internet que afecta ás instalacións municipais, a moitas empresas do municipio e á veciñanza que quere facer uso diario das novas tecnoloxías como ferramenta de traballo ou simplemente para consultar calquera dato a través da rede.
O concello chegou a contratar o servizo con ata tres compañías distintas para poder ter un acceso e condicións óptimas á rede, unha rede que depende en exclusiva da compañía Movistar.
A rede non é de fibra óptica, e polo tanto os datos de trasmisión son, nun caso de 15 Mbps de baixada e 0,7 Mbps de subida o que dificulta o uso da administración electrónica, entre outros inconvintes.
O Concello xa contactou con algunhas das empresas distribuidoras para tratar de mellorar a calidade do servizo pero lamentaron que "as empresas miran sempre antes polos datos económicos propios que polo servizo que se pretende que se de".
"Dende o Concello pensamos que debería ser a propia administración autonómica a que resolva estas situacións dun servizo esencial", sinalaron dende o goberno local.
Relacionadas:
-
Cuntis mellora a conexión a internet por banda longa en seis lugares do municipio
Por Redacción |
-
Cuntis denuncia a "pasividade" de Telefónica ante unha avaría en Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
Movistar comeza a arranxar a liña despois de que Barbudo ameazase con quitarlle as antenas
Por Oskar Viéitez |
-
O operador R solicita axudas para estender redes ultrarrápidas no núcleo de Cuntis
Por Oskar Viéitez |