Rescatan un mozo de 25 anos que caera de madrugada ao Lérez
Por Alejandro Espiño
Axentes da Policía Local de Pontevedra rescataron este domingo un mozo de 25 anos que, en plena madrugada, caera ao río Lérez. Foi nas inmediacións dos antigos terreos de Tafisa, na avenida de Bos Aires.
Fontes policiais indicaron a PontevedraViva que o rescate se produciu sobre as sete da madrugada. A colaboración cidadá foi clave para axudar o mozo, xa que foron uns particulares os que alertaron dos berros da vítima.
Estas persoas explicaron que oían como alguén pedía auxilio pola zona pero non souberon precisar o punto no que se atopaba a persoa que reclamaba axuda.
Un coche patrulla percorreu a beira do río pola zona da A Illa das Esculturas pero, inicialmente, non atoparon nada. Con todo, oíanse os berros dunha persoa que, segundo a Policía Local, "dicía que morría e que lle axudasen".
Foi ao outro do río onde atoparon ao novo. Tiña medio corpo dentro da auga e estaba bloqueado polo frío. Tiña un principio de hipotermia. Os axentes sacárono do Lérez e chamaron a unha ambulancia, que o trasladou a un centro hospitalario da cidade.
A Policía quixo agradecer, unha vez máis, a colaboración dos cidadáns nun rescate destas características xa que sen a súa axuda sería imposible sacar á vítima do rio tan rapidamente.
Relacionadas:
-
VIDEO.- Rescatan un mozo que caeu ao río Lérez camiño da súa casa
Por Alejandro Espiño |
-
Rescate no Lérez: "Podía pasar algo máis grave, houbo momentos en que pensei: afoga"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un "abrumado" Óscar Graña será condecorado de novo pola Policía polo seu segundo rescate no Lérez
Por Natalia Puga |
-
Rescatan un mozo que caeu ao río Lérez ás catro da madrugada
Por Redacción |