Sen feridos nun accidente entre un turismo e un autobús en Poio
Por Redacción
Un accidente en San Xoán de Poio, pouco antes da subida cara ao mosteiro, provocou este sábado a intervención dos servizos de emerxencia. Foi por un choque entre un autobús de pasaxeiros e un turismo que circulaban pola PO-308 en dirección a Pontevedra.
Segundo informou a Policía Local de Poio, o sinistro produciuse sobre as seis da tarde.
O autobús acababa de incorporarse á estrada tras abandonar a parada e o vehículo, segundo a xefatura local, bateu con el por detrás.
Tras comprobar que todos os pasaxeiros atopábanse ben, o autobús puido proseguir a marcha, xa que os danos non lle impedían circular con seguridade. O turismo, por parte, tivo que ser retirado por un guindastre. O seu condutor tamén resultou ileso.
Axentes da Policía Local tiveron que regular o tráfico na zona para garantir a fluidez da circulación.