O arrecendo do lacón con grelos inunda o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado
Quedan apenas dúas semanas para o inicio do Entroido e, para celebralo, gran parte dos establecementos hostaleiros do centro histórico uníronse para participar na primeira edición da laconada con motivo do Día de San Sebastián, patrón da cidade.
Un total de 25 locais sumáronse a unha iniciativa que atraeu a numerosos pontevedreses que, ao longo do sábado, degustaron o tradicional lacón con grelos no seu menú. Todos eles tiveron liberdade á hora de preparalo.
Así, os comensais puideron atoparse cunha xenerosa ración de lacón con grelos ou atopalo en suxestivas e innovadoras propostas en forma de tapa ou petisco.
A laconada continuará este domingo nos locais de hostalería do centro histórico. Todos eles teñen un cartel identificativo na súa entrada.
Nesta iniciativa participan O Bioco, Creperie Cre-Cotte, La Cata, Borona, Merry’s, Pulpería As Campás, El Timón, Jaqueyvi, Casa Fidel O Pulpeiro, Cafetería Central, El Pecado, Restaurante Room, La Fuga de Blas, O Cruceiro, La tienda de Clara, Pontegrill, La Cámara, A taberna do Jazz, Boaviña, El Bocaito, La Estafeta, Barbol, Cafetería Orly e Carabela.
Relacionadas:
-
Chega a primeira festa do ano: a lacoada de San Sebastián
Por Oskar Viéitez |
-
Lacón para todos por San Sebastián
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Por San Sebastián, volve a laconada aos locais da zona monumental
Por Redacción |
-
Os hostaleiros da Zona Monumental preparan unha laconada como antesala do Entroido
Por Oskar Viéitez |