Sanxenxo, terceiro mellor destino de calidade de España en 2017
Por Redacción
Sanxenxo foi seleccionado como o terceiro mellor destino de calidade de España en 2017, con Málaga á cabeza da lista e Gran Canaria en segundo lugar. Este premio súmase aos conseguidos no ano 2015 como mellor destino e mellor xestor.
Desde o Concello de Sanxenxo destacaron que este premio foi posible grazas á colaboración do sector privado "pois eles forman parte da familia turismo de Sanxenxo, ao estar inscritos en SICTED".
Outra das noticias coñecidas en FITUR é a permanencia do municipio por dous anos máis no comité interdestinos de SICTED, sendo así a única administración galega que forma parte do mesmo.
Este xoves tamén se recolleron durante a "Noche Q" os 37 distintivos de calidade que ten Sanxenxo, entre servizos públicos e municipais e as empresas privadas. É por iso que desde o goberno local quíxose agradecer o labor que realiza diariamente este sector "o que nos permite ser un destino turístico de calidade".
Relacionadas:
-
Carmela Silva celebra a "acollida espectacular" en Fitur da campaña "Somos historias"
Por Oskar Viéitez |
-
Así é a curtametraxe que promociona as Rías Baixas en Fitur tocando "o máis fondo dos sentimentos"
Por Oskar Viéitez |
-
As máximas autoridades deportivas apoian a Pontevedra na presentación do ITU Multisport Festival 2019
Por Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |