Acordo unánime no Parlamento para mellorar a seguridade viaria no Camiño Portugués
Por Redacción
A proposta do BNG defendida polo deputado por Pontevedra, Luís Bará, para mellorar a seguridade viaria do Camiño Portugués acadou a unanimidade da comisión de Ordenación do Territorio celebrada este xoves no Parlamento galego.
O acordo contempla o apoio á mesa permanente do Camiño Portugués de Santiago, fomentar a comisión de seguridade viaria do camiño creada pola Subdelegación do Goberno priorizando as actuacións para eliminar os treitos conflitivos denominados puntos negros.
Ademais, o acordo aprobado promoverá, en colaboración con diversas institucións, vías alternativas nas que o actual trazado do camiño non garanta a seguridade viaria dos peregrinos a pe e en bicicleta. Bará defendeu incluír no texto un punto para crear "un plan de mellora ciclista no tramo do Camiño Portugués entre Tui e Compostela" finalmente recollido tamén no acordo.
O parlamentario do BNG agradeceu o apoio de todas as forzas políticas á iniciativa nacionalista e anunciou que as medidas deben implementarse no "prazo máis breve" posible ante os problemas que está a xerar a inseguridade viaria.
Relacionadas:
-
Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Xunta e a Deputación centrarán os seus investimentos para 2018 no Camiño Portugués a Santiago
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Wi-fi de balde no Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta en Fairway as seis rutas a Compostela que transcorren polas Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Xunta destinará axudas á rehabilitación de vivendas no Camiño Portugués
Por Redacción |