Cuntis borrará as pegadas dos vándalos no paseo do río Gallo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis procederá nos próximos días á reparación de danos por actos vandálicos nas barandillas do paseo do río Gallo, entre o centro de saúde e a ponte sobre a estrada N-640.
Os traballos para borrar as pegadas dos vándalos teñen un orzamento inicial de 2.000 euros.
Tamén se actuará sobre os elementos biosaudables instalados no paseo.
Ao mesmo tempo o Concello está a realizar o proxecto de mellora das pasarelas de madeira que se atopan neste paseo. Unha delas se atopa pechada por estar deteriorada.
O goberno local pretende así realizar melloras nunha infraestrutura básica utilizada diariamente pola veciñanza xa que as sendas "son un valor importante para o noso Concello", tendo en conta a súa condición turística vencellada ao termalismo.