Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción
Os alcaldes de Sanxenxo e O Grove reuníronse este xoves en Fitur con Enrique Martínez Marín, vocal asesor do Secretario de Estado do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, para falar sobre a convocatoria de axudas de Segittur (Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas).
A convocatoria de axudas que se publicou no BOE o pasado mes de novembro, destina ata 60 millóns de euros para as cidades de España que queiran converterse en destino turístico intelixente. Para poder presentarse unha cidade ten que superar os 20.000 habitantes. É por iso, que Sanxenxo e O Grove decidiron facelo conxuntamente, xa que por separado non alcanzan esa cifra, pero xuntos suman 28.000 habitantes.
Ademais da suma de poboación, Sanxenxo e O Grove cumpren, conxuntamente, indicadores da orde de axudas como ser os dous únicos puntos turísticos clasificados como tal polo INE na zona e por compartir territorio conexo e similitudes na xestión como destino.
Hai 17 anos Sanxenxo e O Grove xa compartiron con gran éxito un Plan de Excelencia Turística
Hai 17 anos Sanxenxo e O Grove xa compartiron con gran éxito un Plan de Excelencia Turística, que permitiu que ambos os concellos desen un salto de calidade. A idea é buscar agora a fórmula para presentarse conxuntamente a esta convocatoria.
O obxectivo destas localidades é converterse nun destino turístico intelixente, outorgando primacía ás novas tecnoloxías da información para ser máis competitivas, para ofrecer mellor calidade de vida aos seus residentes e para mellorar a experiencia turística dos visitantes. En definitiva, trátase de lograr un uso das novas tecnoloxías que garanta a eficacia do destino.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e O Grove unen esforzos tecnolóxicos e ambientais para ser 'Destinos Turísticos Intelixentes' en 2022
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo pretende instalar cámaras para controlar o tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo será o destino piloto para monitorar os indicadores de turismo sustentable
Por Redacción |
-
O Ministerio de Economía cofinanciará os proxectos de turismo intelixente da Deputación e a Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo, terceiro mellor destino de calidade de España en 2017
Por Redacción |
-
Así é a curtametraxe que promociona as Rías Baixas en Fitur tocando "o máis fondo dos sentimentos"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo amplía a sinalización das praias do municipio
Por Diego Espiño |
-
Marcando a pauta a Sanxenxo para converterse en destino turístico intelixente
Por Oskar Viéitez |
-
Sinalización turística intelixente para o porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Mancomunidade do Salnés redactará un Plan estratéxico de Turismo
Por Redacción |