A Xunta presenta as novas liñas de axudas para o turismo nas comarcas de Pontevedra e o Salnés
Por Oskar Viéitez
A xefa da Axencia de Turismo en Pontevedra, María Herrero e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentaron este xoves oito convocatorias que superan os 5 millóns de euros e buscan seguir mellorando a oferta, os recursos e as infraestruturas turísticas.
Entre as principais novidades, atópase o programa para remodelación de negocios de hospedaxe, con accións de accesibilidade, medidas para incrementar a calidade dos seus servizos, o aforro enerxético e a modernización das súas instalacións.
O ano pasado, na comarca de Pontevedra, así como en Marín e Bueu, beneficiáronse a oficina de emprego de Poio, así como tres festas de interese turístico galego (a da Troita de Ponte Caldelas, a de San Miguel de Marín e o Entroido de Cobres en Vilaboa). Finalmente, tamén se colaborou económicamente coas obras de mellora de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural en dous concellos (Poio e Cerdedo-Cotobade). Todo elo por un total de 95.000 euros.
E na comarca do Salnés, beneficiáronse catro oficinas de emprego, a de Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, O Grove e Cambados, así como catro festas de interese turístico galego (a do Mexilón de Vilanova de Arousa, a da Vieira de Cambados, a da Semana Santa de Meis e a Ameixa de Carril de Vilgarcía). Tamén tres operadores turísticos, un deles da Illa, outro de Sanxenxo e un terceiro de Vilagarcía de Arousa. Finalmente, tamén se colaborou económicamente coas obras de mellora de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural en tres concellos (Sanxenxo, Vilanova e O Grove), así como a sinalización tecnolóxica dos recursos turísticos da Mancomunidade do Salnés.
O delegado territorial destacou os máis de 270.000 euros que foron destinados a través destas liñas a esta comarca en 2017.
Relacionadas:
-
O ITU Multisport Festival 2019 de Pontevedra define a súa estratexia de comunicación
Por Redacción |
-
Sanxenxo, presente un ano máis en Fitur
Por Redacción |
-
O patrimonio será eixo da promoción das Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez |
-
Durante o 2017 a ocupación hoteleira media provincial superou o 48%
Por Oskar Viéitez |