A Plataforma de Veciños de San Salvador de Poio suma 1.600 apoios contra o carril único da Caeira
Por Redacción
O portavoz da Plataforma de Afectados, Sergio Pereira, convocou unha asemblea aberta da Plataforma cos veciños de San Salvador de Poio no local social de Matogueira Calderón, situado xunto á antiga Farmacia da urbanización da Caeira. Será este venres 19 ás 20.30 horas.
Desde a plataforma veciñal quérese aproveitar esta ocasión para explicar a todos os veciños presentes os acontecementos que sucederon ata a data en relación á proposta do Concello de Poio de supresión dun carril da Caeira, darlle voz a todos os presentes nesta asemblea e acordar medidas e propostas con estes afecttados, segundo expón Pereira.
Ata o momento recolleron máis de mil sinaturas físicas e máis de 600 apoios a través da plataforma online Change.org. Ademais, Sergio Pereira sinala que recibiron numerosas chamadas de afectados, correos electrónicos, mensaxes en redes sociais que mostran a preocupación veciñal pola reforma prevista para A Caeira.
Os afectados sosteñen que defende a humanización de todos os lugares da parroquia e non só da Caeira, pero rexeitan a proposta de carril de sentido único nesta urbanización. Entenden que empeoraría os atascos diarios que se sofren nesta contorna.
A Plataforma propón outras alternativas conservando o dobre sentido pero sinalan que os responsables municipais non as teñen en conta. Denuncian, ademais, que presentaron tres escritos no Concello de Poio sen recibir resposta por parte do alcalde Luciano Sobral.
Estes veciños considearn que ao goberno local só impórtalle o carril único e non a humanización desta zona. "Somos a parroquia máis poboada do Concello de Poio e, ao mesmo tempo, a máis abandonada", afirma Sergio Pereira.
Relacionadas:
-
A Plataforma de San Salvador dálle o OK ao anteproxecto da Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Poio renuncia ao carril único na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma de San Salvador solicita a Poio a instalación de medidores de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Sobral espera licitar o proxecto de humanización da Caeira no primero trimestre do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños entregan 1.034 firmas contra o cambio de tráfico proxectado na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de San Salvador ameazan con manifestarse se o Concello decide pechar un carril na Caeira
Por Redacción |