Dous feridos nunha colisión frontal na Revolta
Por Oskar Viéitez
Dúas persoas resultaron feridas nun choque frontal entre dous vehículos á saída da Enseada do Vao na zona da Revolta.
Sucedeu nun tramo recto con liña continua na estrada PO-550.
Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, o suceso tivo lugar ás 18:32 horas deste mércores.
Acudiron ao lugar do accidente unha dotación do servizo de Emerxencias de Sanxenxo e unha ambulancia que atendeu ás dúas persoas que presentaban feridas de carácter leve.