Investigado por negarse a facer a proba de alcoholemia despois de ter un accidente en Cambados
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Na madrugada deste mércores 17 rexistrábase un accidente de tráfico na estrada PO-550 no lugar da Barca á altura de Castrelo no municipio de Cambados.
Un mozo de 34 anos, residente en Corbillón, circulaba nun Scénic que se saía da vía ao redor das 05.15 horas e impactaba contra un farol. Escapóuselle unha roda do vehículo e finalmente impactaba contra outro turismo.
Ata o lugar desprazouse unha dotación da Garda Civil de Tráfico. O mozo con síntomas de embriaguez negouse a someterse ás probas de alcoholemia e drogas. Instruíronselle dilixencias como investigado debido a esa negativa.
Os dous ocupantes dos turismos resultaron ilesos. Con todo, a condutora do outro vehículo, unha veciña de Ames de 46 anos, tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 ata o Punto de Atención Continuada de Cambados. Sufría un ataque de ansiedade.
O servizo de Emerxencias de Cambados encargouse da atención nesta zona ata as 08.15 horas. As dilixencias foron instruídas pola Garda Civil de Tráfico e Atestados.
O pai do condutor investigado presentaba tamén unha denuncia contra o seu fillo no cuartel da Garda Civil de Cambados por un incidente previo en casa. Finalmente foi detido por un delito de violencia doméstica, derivado dese enfrontamento familiar.