Durante o 2017 a ocupación hoteleira media provincial superou o 48%
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance turístico do 2017 que foi un "ano récord" no que "se superaron con creces os resultados que viñamos obtendo nos últimos dez anos"
Durante o 2017 a ocupación media anual provincial superou o 48%, o que se sitúa 3 puntos por encima que a ocupación acadada ao longo do 2016 e 14 puntos máis que a obtida no 2015. Silva destacou que ao longo do 2017 "houbo picos que rozaron o 83% entre xuño e setembro".
Carmela Silva tamén celebrou que o pasado ano "tivemos máis peregrinas e peregrinos que nunca", con 60.000 persoas que percorreron o Camiño Portugués, un 43% máis que o último Ano Santo "e que significa que un de cada cinco camiñantes a Santiago escollen o itinerario que cruza a provincia de sur a norte".
A presidenta da Deputación tamén destacou que o 36% dos viaxeiros que chegaron a Galicia no 2017 correspóndese con persoas que estiveron na provincia de Pontevedra, "uns datos moi positivos tendo en conta que no 2016 a porcentaxe situábase no 30%". En resumo, "máis persoas na provincia e máis tempo", destacou a presidenta, xa que tamén creceu a estancia media do turismo e tamén o gasto por habitación ata un 11%.
Carmela Silva informou que, para o 2018, "esperamos que estes resultados se sigan mantendo". De feito, organismos como Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, augura que este ano a actividade turística en todo o territorio estatal crecerá un 3,3% e diferentes especialistas "sitúan a Rías Baixas como un dos lugares máis especiais para facer turismo do mundo".
Relacionadas:
-
As Rías Baixas van promocionarse fóra de Galicia a través das súas festas máis relevantes
Por María López Verdial & Mónica Patxot |
-
Máis de 115.000 persoas aloxáronse na cidade durante 2017
Por Diego Espiño |
-
A Xunta presenta as novas liñas de axudas para o turismo nas comarcas de Pontevedra e o Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
2017, un ano "extraordinario" para Carmela Silva: Pontevedra é un "referente"
Por Redacción |
-
Pontevedra, a cidade "máis nova" de Galicia e con maior esperanza de vida
Por Alejandro Espiño |
-
Os Rías Baixas Fests reuniron este verán a 260.000 persoas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Carmela Silva, disposta a abrir o debate sobre a implantación dunha taxa turística
Por Natalia Puga |