O patrimonio será eixo da promoción das Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra elixiu ao patrimonio da provincia como eixo da súa promoción na Feira Internacional do Turismo (Fitur).
Co lema "Rías Baixas, somos historias" e a Marquesa vermella e activista María Vinyals como fío condutor, presentarase o vindeiro xoves unha campaña que a presidenta da administración provincial, Carmela Silva, describiu este martes durante a súa presentación como "innovadora" e que recolle a proposta do Parlamento e o Consello da Unión Europea que declararon ao 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
Carmela Silva sinalou que o "marcado carácter estratéxico" desta tipoloxía do turismo cultural pola súa baixa estacionalidade e por ser especialmente rendible economicamente. Segundo os datos ofrecidos pola Deputación de Pontevedra, o gasto medio do turista que acode á provincia por motivos culturais é de 68 euros diarios de media, fronte ao visitante que acode por negocios que destina 54 euros ao día, o turista enogastronómico con 36 euros e os turistas de sol, praia e natureza cunha media de gasto diario de 29 euros.
Ademais a presidenta sinalou que o turismo cultural caracterízase pola súa gran capacidade para captar visitantes procedentes do estranxeiro, cuxo media de gasto é de 102 euros ao día, segundo os datos recollidos por Turismo Rías Baixas.
En grandes liñas en Fitur presentarase á provincia de Pontevedra como un "multidestino, internacional e desestacionalizado" cun gran compendio de recursos vinculados ao patrimonio fortificado, arqueolóxico, paisaxístico, literario, relixioso, inmaterial e etnográfico. Como fitos destacarase que este 2018 será o ano no que o Castelo de Soutomaior complete a súa musealización, polo que desde hoxe estará pechado ao público para iniciar as obras que terminarán en abril.
Ademais Pontevedra preparou para Fitur 2018 unha curtametraxe "que vai sorprender moitísimo" protagonizado pola actriz Patricia Torres. Carmela Silva tamén comentou en rolda de prensa que a imaxe da campaña toma como base o labirinto de Mogor.
Xunto a esta presentación do destino Rías Baixas, a institución provincial vai apoiar aos concellos de Pontevedra, que dará a coñecer o Campionato do Mundo de Tríatlon, e ao de Vigo, que promove a candidatura de Cíes como Patrimonio da Humanidade. Tamén manterá unha reunión coa asociación da "Ruta dos fenicios", xa que en novembro do 2018 a provincia de Pontevedra acollerá a súa Asemblea Estatal.
Finalmente, e tamén no marco de Fitur, a Deputación vai participar na "Noite Q". Neste evento, a institución recollerá os tres distintivos Q de Calidade, os dous que renovan as oficinas do Palacete das Mendoza e Armenteira e o novo que conseguiu a oficina de información turística do aeroporto de Peinador.
Relacionadas:
-
"Madrugas, Pedro?", unha nova ruta que segue as pegadas de Pedro Álvarez de Sotomayor
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva celebra a "acollida espectacular" en Fitur da campaña "Somos historias"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra traballa na recuperación dunha pantasma
Por Redacción |
-
Así é a curtametraxe que promociona as Rías Baixas en Fitur tocando "o máis fondo dos sentimentos"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta presenta as novas liñas de axudas para o turismo nas comarcas de Pontevedra e o Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo, presente un ano máis en Fitur
Por Redacción |
-
Os mundiais de tríatlon de 2019, centro da promoción de Pontevedra en Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación instalará paneis con códigos QR para promocionar as vilas termais da provincia
Por Redacción |
-
A fin de ano achegouse a un 60% de ocupación hoteleira na provincia
Por Redacción |
-
2017, un ano "extraordinario" para Carmela Silva: Pontevedra é un "referente"
Por Redacción |