Un radiador provoca un incendio nos Servicios Sociais do Chalé de Fontoira
Por Redacción
Os bombeiros do Parque de Pontevedra tiveron que desprazarse ás 07.38 deste martes 16 ata as dependencias municipais no Chalé de Fontoira. O sobrequecemento dun enchufe dun radiador provocou unhas faíscas, que causaron lapas nunha documentación que se atopaba almacenada nas proximidades, segundo explicaron efectivos dos bombeiros.
O lume producíase no departamento de servizos sociais que se atopa neste edificio municipal. As lapas só afectaron a un arquivo de expedientes con documentación. Segundo explicaban funcionarios municipais, o incendio rexistrábase nunha esquina na que se sitúa o radiador e o amparo dunha cristaleira impediu que se expandira cara a unha fotocopiadora. Sinalaban que cando se incorporaban ao traballo, o forte cheiro a fume notábase a varios metros de distancia, na rúa Ferreiros.
A estancia atopábase baleira. Os bombeiros tras sufocar o lume, ventilaron as instalacións que durante, polo menos, esta xornada permanecerá pechada ao público. O incidente xa foi posto en coñecemento da compañía de seguros e do servizo de limpeza para que se realice
Os usuarios de Servizos Sociais que presenten casos de urxencia serán atendidos provisionalmente durante esta xornada nas dependencias da Casa Azul, na rúa Sor Lucía.