Rueda visita a mellora da Ribeira do Chazo, na Illa de Arousa
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este luns que a colaboración cos concellos permite levar adiante actuacións que redundan directamente no benestar da cidadanía, como é o caso da mellora da Ribeira do Chazo no concello da Illa de Arousa.
Alfonso Rueda e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, foron recibidos polo seu alcalde, Carlos Iglesias, e puideron comprobar de primeira man o estado da obra de mellora da seguridade e pavimentación.
Neste caso concreto, grazas a colaboración entre Xunta e Concello, púidose mellorar este espazo, a súa salubridade e seguridade, recuperando unha parte da localidade que se estaba a degradar. A actuación levouse a cabo grazas a unha axuda da orde de infraestruturas da Vicepresidencia e contou cun investimento de máis de 100.000 euros, dos cales 40.000 euros foron aportados polo goberno galego, para levar a cabo melloras neste espazo.
Ademais, o concello se beneficiou o ano pasado doutra axuda da Vicepresidencia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, en colaboración co concello de Cambados, cun proxecto de concienciación e control ambiental, e coa Mancomunidade do Salnés para levar actuacións de conservación ambiental dos núcleos rurais.