Marín aproveita a rotura dunha tubaxe da auga para reformar a entrada á Cañota
Por Redacción
Os servizos municipais de obras e de augas proceden durante estes días á reparación da tubaxe de auga á entrada da Cañota, despois de que se rexistrou unha rotura na condución.
Para poder levar a cabo estes traballos, segundo informa o Concello de Marín, foi necesario abrir toda a beirarrúa desa zona e o xardín que se atopa nas inmediacións.
O goberno local de María Ramallo decidiu aproveitar esta obra de carácter urxente para reformar toda a contorna.
Desta forma, vaise crear unha zona de carga e descarga, unha beirarrúa máis ancha. Está previsto acondicionar todo o espazo de acordo cos veciños para mellorar unha rúa na que se demandaban estes arranxos.