Bueu estuda as ofertas das empresas para a pavimentación de varios camiños municipais
Por Redacción
O Concello de Bueu celebrou este venres unha mesa de contratación para a apertura dos sobres que contiñan as ofertas económicas das empresas que concorren aos diversos lotes de pavimentación de camiños municipais, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
O orzamento inicial era de 238.297,91 euros, IVE incluído, para os cinco camiños de Meiro - Outeiro, Costiña, Vilar, Sar e rúa Ramal dos Galos, aínda que as empresas concorreron con ofertas para cada unha das pavimentacións, tal e como estaba proposto nos pregos de contratación.
Unha vez abertos os sobres que contiñan as propostas económicas, o técnico elaborará un informe valorando as empresas que incorran en baixas desproporcionadas, tras o que se lle requerirá documentación xustificativa da viabilidade para levar a cabo a obra en cuestión.
Concretamente, para as obras de pavimentación dos camiños de Meiro- Outeiro e Costiña, dez empresas son as que se presentan, para o Camiño de Vilar e Sar, nove, e para o da rúa Ramal dos Galos, sete.