Dous condutores resultan feridos nun accidente nun ramal da autovía do Salnés
Por Redacción
Unha furgoneta e un turismo impactaban este mediodía cando circulaban polo ramal de saída da autovía do Salnés (VG 4.2) á altura do Concello de Ribadumia.
A furgoneta circulaba en dirección a Pontevedra e o coche ía en dirección a Cambados, segundo informan desde o servizo de Emerxencias. Segundo os primeiros indicios, un terceiro vehículo tentaba adiantar á furgoneta e o turismo ao tentar evitalo impactou contra ela.
O condutor da furgoneta, un veciño de Marín de 38 anos presentaba dor cervical mentres que o piloto do turismo, natural de Cambados de 55 anos, presentaba diferentes rabuñaduras e dor cervical.
Ambos foron trasladados ao Hospital do Salnés polo 061 para ser sometidos a unha exploración médica.