O PP espera un apoio unánime do resto de partidos á súa proposta sobre a AP-9
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, "co fin de aclarar ao enredo no que se atopan BNG, PSOE e Marea con respecto ao futuro da AP-9", acaba de presentar un "pacto" para que o concello pontevedrés mostre unha postura unánime sobre este asunto.
Así, tras analizar as tres mocións presentadas polos diferentes grupos para o seu debate no próximo pleno municipal, os populares determinan que existen dous puntos de acordo nos que debería versar a postura para adoptar desde o consistorio da capital: o estudo de bonificacións para os usuarios desta autoestrada e o cumprimento do acordo do Parlamento de Galicia co que se solicita a transferencia da AP9.
Por este motivo, os populares presentaron esta xoves unha emenda sobre as tres mocións relativas á AP-9 co obxectivo de establecer unha postura conxunta "que permita abordar este tema coa máxima rigorosidade".
Relacionadas:
-
Os socialistas instan ao Goberno a asumir o custe da ampliación da ponte de Rande
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Pontevedra súmase ao clamor contra "o calote das peaxes"
Por Oskar Viéitez |
-
Cargos do BNG, con Ana Pontón á fronte, únense en Pontevedra contra o "saqueo" da AP-9
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra protesta polos "abusivos" peaxes da AP-9
Por Alejandro Espiño |