Denuncian verteduras de augas residuais no río Loira
Por Redacción
O BNG presentará unha moción urxente no próximo pleno de Marín reclamando ao goberno de María Ramallo que a empresa encargada do mantemento da estación de bombeo de augas de saneamento que se atopa no lugar do Pozo revise esa instalación.
Os veciños denuncian que esta estaciónde bombeo formada por formigón armado cunha cámara con válvulas presenta graves deficiencias no funcionamento e desde hai 15 días está vertendo augas residuais ao río Loira.
Segundo a formación nacionalista, esta problemática foi denunciada polos veciños aos traballadores da empresa encargada do mantemento, sen que se arranxara.
Por este motivo, o BNG reclama que se acometan as obras de reforma e pide ao goberno local que solicite explicacións á empresa polo abandono desta instalación.