"Tal cual se ve un tornado en los dibujos animados, pues así fue arrasando"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Os nenos do CEIP O Telleiro de Noalla nunca esquecerán o día no que un tornado visitou o seu colexio. Tampouco os profesores. Será unha desas historias que se repiten unha e outra vez. Afortunadamente non houbo danos persoais, pero se importantes desfeitas.
Mechu, a profe de segundo de primaria, relatou como sobre as dez menos vinte da mañá "de repente se escuchó un trueno muy fuerte, se fue la luz y nos asustamos mucho". Os profesores sacaron aos alumnos ao corredor mentres "por las ventanas veíamos que venía volando el paseo de madera de la playa de A Lanzada".
"Tal cual se ve un tornado en los dibujos animados, pues así fue arrasando" desde que entrou polo valo do patio que dá á praia directo cara ao centro escolar, explica Menchu. "El cielo se puso muy oscuro y los niños estaban muy asustados llorando".
O tornado arrincou unha árbore de raiz, os anacos de madeira do paseo golpeaban as xanelas, caeron as placas do falso teito sobre os pupitres "tuvimos mucha suerte", sinala esta profesora. Todo isto nunha pequena marxe de apenas un minuto cunha intensa tromba de auga.
Os coches dos profesores que estaban aparcados dentro do recinto escolar tamén sufriron desfeitas ao caerlles encima as tellas da cuberta do Centro Público, algúns coches chegaron a levantarse co vento poñéndose a dúas rodas.
O director do CEIP O Telleiro, Miguel Ángel Meijón,"fue de tal magnitud que el susto a los chavales pequeños no hay quien se lo quite". Este colexio acolle nenos desde infantil ata os doce anos de idade.
"Los destrozos en el exterior son cuantiosos y lo del paseo ya no es la primera vez que sucede", sinalou Meijón Couselo que foi concelleiro do Partido Popular do Pontevedra. "La suerte que hubo fue que no hubiera nadie fuera", apostilou.
Pasado o tornado a dirección decidiu evacuar o centro de maneira preventiva e chamouse ás familias dos alumnos e enseguida fóronlles a buscar. O director quixo destacar a "colaboración perfecta" de toda a comunidade educativa. "Ahora toca valorar todos los daños y en función de lo que comunique tomaremos una decisión" para recuperar as clases.
FREIXO, VILALONGA
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o "vento intenso e de dirección cambiante" entrou pola zona da Lanzada e desprazouse cara ao interior en dirección á parroquia de Vilalonga. De feito, nesa zona tamén se notaron os efectos deste fenómeno meteorolóxico, especialmente no lugar do Freixo onde unha vivenda rexistrou danos importantes no tellado e nas xanelas e desprendéronse cascotes.
Outras casas do mesmo lugar sufriron danos, concretamente nos tellados, aínda que en menor medida que a anterior. Tamén caeron árbores, algunha delas sobre o tendido eléctrico e telefónico que tamén se viu afectado.
Segundo informou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, "resultaron afectados os tellados de 20 casas e dúas industrias", unha delas é un serradoiro de pedra que perdeu gran parte do tellado deixando á intemperie máquinas de moito valor.
A maiores, os axentes de seguridade local tiveron coñecemento dun transformador botando fume na subida ao cemiterio de Noalla, aínda que sen causar máis danos na contorna.
As chamadas dos veciños ao 112 Galicia ao redor das dez da mañá permitiron activar un operativo no que participaron os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribadumia e do GES de Sanxenxo, ademais dos axentes de seguridade locais.
Relacionadas:
-
A estación meteorolóxica do colexio Telleiro aporta os seus datos as plataformas Camaramar e Noromet
Por Redacción |
-
Sanxenxo confirma que o comedor do colexio O Telleiro estará operativo a partir do 3 de abril
Por Redacción |
-
Solicitan paralizar a construción dunha senda de formigón na Lanzada
Por Redacción |
-
A Xunta renuncia á madeira para o arranxo da pasarela en Noalla
Por Oskar Viéitez |
-
BNG e PSOE de Sanxenxo piden medidas para arranxar a "chapuza" do paseo de madeira da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
O colexio de Noalla recuperará as clases o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez |
-
O vendaval causa danos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Unha tromba mariña esnaquiza o paseo da Lanzada e obriga a desaloxar o colexio de Noalla
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada