Sanxenxo destinará máis de 27.000 euros a obras de mellora nos centros educativos
Por Oskar Viéitez
A concelleira de educación do Concello de Sanxenxo, Paz Lago xa ten proxectadas unha serie de obras de mellora nos centros educativos do municipio cun orzamento total de 27.700 euros.
Son unha reforma da pista deportiva no CEIP O Cruceiro, a reforma integral dun baño na planta baixa do edificio principal e o cambio do chan dun baño de educación infantil no CEIP Portonovo, o arranxo dun muro na parte traseira no CEIP Magaláns e a limpeza dos canlóns do edificio principal no CEIP Magaláns.
Facendo unha valoración final das actuacións levadas a cabo nos centros educativos desde a chegada do novo goberno, o pasado mes de xuño, o investimento ascende a un total de 142.000 euros, en parte financiados pola Xefatura Territorial de Educación e parte con fondos propios municipais.
A todo o anterior hai que sumarlle os 250.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación, que irán destinados á construción dunha pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes.
Relacionadas:
-
Sanxenxo conclúe as obras pendentes de mellora dos seus colexios
Por Redacción |
-
Sanxenxo denuncia á Deputación por denegarlle unha subvención
Por Redacción |
-
O comedor do colexio A Florida amplía a súa cobertura
Por Redacción |
-
Deputacion, Xunta e Concello destinan 407.647 euros aos colexios de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A ANPA de Magaláns pide ao Concello a mellora do pavillón do colexio
Por Oskar Viéitez |