Pequenas melloras para o mercado de Portonovo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo proxecta realizar unha pequena actuación de mellora no mercado de Portonovo.
En concreto actuarase nas entradas ao edificio, colocando senllas portas automáticas para terminar co frío e a choiva que teñen que soportar as vendedoras durante o inverno ao ter que deixar abertas as portas actuais.
Ademais vaise levantar o chan existente para colocar un chan con resina epoxi co obxectivo de garantir a seguridade e mellorar as instalacións dun dos puntos con máis afluencia de xente diaria na vila.
En ambas as dúas actuacións o goberno local investirá aproximadamente 30.000 euros.