Xornada de ilusión en Poio coa visita das Súas Maxestades de Oriente
Por Redacción
Os Reis Magos encheron de ilusión tamén as rúas das diferentes parroquias de Poio, nunha xornada na que tiveron un apertado calendario de actividades.
Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron xa pola mañá a Poio, para empezar a percorrer o municipio a bordo de tres Seat 600. Así, foron visitando a nenas e nenos en Lourido, Campelo, Combarro, Samieira ou Raxó.
Foi só un aperitivo á esperada cabalgata, que partiu ás 18:00 horas da avenida de San Xoán para concluír preto dunha hora despois na avenida Porteliña, no adro de San Salvador de Poio.
Tras repartir caramelos e escoitar as últimas peticións dos pequenos, faltaba xa só a visita máis máxica, xa de noite, a cada un dos fogares repartindo como cada ano toneladas de felicidade.
Relacionadas:
-
As Súas Maxestades de Oriente visitarán os concellos da comarca
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Os Reis chegan a Poio en coches clásicos
Por Redacción |