Sacrifican un cabalo que o seu dono tiña desnutrido e moribundo nun cortello de Barro
Por Redacción
En avanzado estado de desnutrición. Así atopou a Garda Civil a un cabalo en Barro. O seu dono, que o mantiña moribundo e en condicións precarias nun cortello, está a ser investigado por un delito de malos tratos animais.
O instituto armado, a través do Seprona, recibiu unha alerta a través do teléfono 062 no a que se informaba das críticas circunstancias nas que se atopaba o equino.
O animal estaba nunhas deplorables condicións hixiénico-sanitarias nun galpón en ruínas contiguo á vivenda do seu propietario.
O cabalo estaba semienterrado no seu propio esterco e coas patas dianteiras aprisionadas entre o muro que facía de peche e un dos postes do enreixado da cuadra.
Coa axuda de varios veciños, os axentes lograron rescatar ao animal e procurarlle as primeiras atencións ata a chegada dunha veterinaria que, finalmente, decidiu sacrificalo para evitarlle o sufrimento que estaba a pasar
O propietario do cabalo, un mozo de 26 anos veciño de Barro, recibiu xa a notificación de investigado. Deberá comparecer no xulgado de instrución de garda de Pontevedra.