Caldas suspende a cabalgata de Reis
Por Redacción
A agrupación de Protección Civil de Caldas anunciou este xoves que o Concello decidiu suspender a celebración da cabalgata de Reis prevista para este venres neste municipio.
A medida adóptase despois de que o goberno local caldense consultase as previsións meteorolóxicas e solicitase asesoría para adoptar unha decisión sobre a celebración deste acontecemento tan importante para os máis pequenos. A presenza de fortes choivas prevista para a tarde do venres levou ao Concello a ser cauteloso e decidir a suspensión.
Os actos trasladaranse ao colexio San Fermín. Alí, a partir das 18.00 horas, as Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar atenderán aos escolares que se acheguen para recibir as súas peticións de agasallos.