VIDEO.- Os Cantos de Reis resoan pola cidade
Por Alejandro Espiño
Un ano máis, os Cantos de Reis volveron a Pontevedra. A agrupación Os Chichisos reuniu, como é habitual, a unha decena de nenos da cidade para recuperar unha das tradicións máis destacadas do patrimonio cultural galego.
A rúa Oliva, aos pés do edificio de Correos, foi o punto de partida dunha actividade que se foi trasladando por diferentes lugares da cidade como a praza de San José ou a praza da Peregrina.
A voz dos mozas cantores estivo acompañada da música interpretada polos membros dos Chichisos, que adornaron as estrofas con diversos instrumentos como acordeón, gaita, frautas, guitarra, tamboril ou bombo.
Hai moitos anos, era habitual que un grupo de mozos percorresen as parroquias galegas cantando polas casas. Tratábase de interpretar pezas de literatura popular transmitidas oralmente. A cambio, os participantes solicitaban un aguinaldo en especie, que ía desde caramelos a chourizos, touciño, produtos doces ou viño.
Ese botín era despois consumido nunha " foliada".