As Súas Maxestades de Oriente visitarán os concellos da comarca
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As Súas Maxestades de Oriente teñen prevista para este venres día cinco unha axenda ateigada de actos oficiais e visitas ás distintas parroquias da comarca.
CERDEDO COTOBADE
Así a comitiva real acudirá ás 13 parroquias de Cotobade durante toda a mañá e farán a súa recepción no colexio de Cerdedo onde asistirán pola tarde á residencia e atenderán aos cativos con agasallos desde as 17.00 horas no centro.
Tamén terá lugar a entrega dos premios do concurso de postais, un espectáculo de animación con cancións e xogos e degustación de chocolate con rosca.
A LAMA
Os Reis Magos de Oriente chegarán á Lama a partir das catro e media da tarde, onde ofrecerán unha audiencia real no centro multiusos municipal nun acto organizado polo Concello en colaboración coa ANPA do CEIP A Lama e a comunidade de montes.
BARRO
A chegada das Súas Maxestades ao Pazo da Crega no Concello de Barro está prevista para as 17:30 horas, onde haberá unha actuación do Grupo de Danzas Amor Ruibal. Ás 18:30 horas, sairá a cabalgata dende o pazo, se o tempo o permite, ata a Nave da Música, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e lles farán entrega dun agasallo.
Ademais, haberá animación musical e farase entrega de premios dos concurso de postais e o sorteo da campaña Merca en Barro. Ao remate, repartirase chocolate con rosca a todas as persoas que asistan a esta festa.
MARÍN
Os nenos de Marín poderán ver as Súas Maxestades pola tarde a partir das 18:00 horas, acompañados dunha carroza que portará unha estrela que marcará o camiño, a cargo da agrupación Trompos Ós Pés.
A banda de tambores e cornetas anunciará ao seu paso e na cabalgata tamén participará o tren turístico lanzando caramelos. Haberá animación e pechando a comitiva estará a carroza da Asociación Os da Caña, que participa en todo o percorrido. A cabalgata concluirá no Belén Vivente do parque Eguren, onde os Reis farán as súas ofrendas dos agasallos que traen de Oriente ao neno Xesús, e logo os nenos que o desexen poderán sacarse unha foto con eles.
Un paxe real e os seus axudantes estarán ás 12 da mañá no palco da Alameda, para recoller as últimas cartas, acompañados polos Minions, e logo visitarán á residencia da terceira idade e o comedor benéfico, onde levarán caramelos.
POIO
A saída da Cabalgata en Poio será ás 18.00 horas na avenida de San Xoán, na costa de Alvar e a chegada está prevista ás 19.00 horas á avenida Porteliña, no adro de San Salvador de Poio.
A Policía Local prohibirá que se mobilicen os vehículos que se atopen aparcados neste percorrido durante o transcurso do desfile.
A alternativa de tráfico para aqueles condutores que queiran dirixirse desde Pontevedra a Sanxenxo será a de desviarse na rotonda das Bardancas para tomar o viario que se conecta coa estrada entre Pontevedra e Vilagarcía. Precisamente, a Policía Local recomenda o uso da VG 4.8 a aquelas persoas que queiran circular entre Pontevedra e Vilagarcía o queiran dirixirse a Sanxenxo.
Os condutores que desde Pontevedra vaian circular cara Poio serán desviados pola rotonda do Pazo Besada cara Lourido, Campelo ou a AP-9.
Relacionadas:
-
Os nenos e nenas de Sanxenxo tamén se ilusionan cos Reis Magos
Por Redacción |
-
Xornada de ilusión en Poio coa visita das Súas Maxestades de Oriente
Por Redacción |
-
Apertada axenda para os Reis Magos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Parada Real en PontevedraViva
Por Redacción |
-
Caldas suspende a cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Maxia, música e comitiva real para celebrar a chegada dos Reis Magos a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os Reis chegan a Poio en coches clásicos
Por Redacción |