Pingueiras, portas bloqueadas e falta de limpeza no pavillón de Monte Carrasco
Por Redacción
O Partido Popular anunciaba este xoves que presentará unha moción no próximo pleno para reclamar a xestión, limpeza e mantemento do pavillón de deportes de Monte Carrasco, na parroquia de Marcón. E no caso de que non poidan afrontar estes traballos esixe a súa cesión formal para que unha empresa resolva as deficiencias das instalacións.
Os populares, a través do portavoz Jacobo Moreira e do concelleiro Tomás Abeigón, denuncian que se atopa bloqueada unha porta de emerxencia e que se rexistran pingueiras, ademais de atoparse sucios os baños ou de faltar iluminación.
Abeigón considera que a falta de mantemento provocou estas deficiencias derivadas da filtración de auga desde a cuberta. E engade que se evitou se o mantemento realizouse de maneira periódica e con persoal suficiente. Os populares indican que o Concello gastou case 47.000 euros en renovar a cuberta deteriorada pero sen ofrecer solucións aos problemas que se detectan no interior.
O edil popular presentaba este mesmo xoves un escrito reclamando o desbloqueo da porta de emerxencia do pavillón xa que entende que supón un grave risco e perigo para os usuarios no caso de que sexa necesaria unha evacuación.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- As fortes choivas asolagan o pavillón de Monte Carrasco: "Foi unha salvaxada"
Por Diego Espiño |
-
Abeigón (PP) pide ao Concello que asuma a xestión e mantemento do pavillón de Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
O PP denuncia que se están a vender alimentos sen autorización no interior do Pavillón Municipal
Por Redacción | Creada e actualizada