Unha veciña de Poio resulta ferida ao envocar o seu turismo e quedar atrapada dentro
Por Redacción
Unha veciña de Poio de 63 anos resultou ferida este xoves nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Sartal, na parroquia de San Xoán, ao perder o control do seu vehículo e quedar envorcada no medio da calzada.
O accidente rexistrouse na mañá deste xoves no coñecido como Camiño de Xalouriño de Sartal e, segundo indicou a Policía Local de Poio, todo apunta a que se produciu por un descoido da condutora. Circulaba en sentido descendente por esa vía e nun momento dado saíuse da vía e acabou co coche boca arriba.
A muller quedou atrapada no interior do turismo e os propios veciños do lugar axudáronlle a saír. A continuación, foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital Domínguez, onde ingresou inicialmente en estado leve.
Ata o lugar do accidente trasladáronse a Policía Local, Protección Civil de Poio e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Poio.
O vehículo quedou danado e tivo que ser retirado por un guindastre.