Os Reis chegan a Poio en coches clásicos
Por Redacción
O día 5 de xaneiro da comezo en Poio a axenda das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
Ás 11:00 horas arrancará a comitiva Real dende a Casa Rosada para facer visitas a diferentes puntos do municipio e rematará na carpa navideña instalada na Seca. Este ano Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias en coches clásicos.
Na "Burbulla do Nadal" instalada na Seca as crianzas poderán facerse fotos cos reis, entregar as súas cartas e recibir caramelos e agasallos. Ás 12:45 horas procederase á entrega dos premios do concurso de Tarxetas de Nadal do Consello Municipal de Cultura. O dispositivo especial contempla diversos espacios de aparcamento en A Seca. Xa está dispoñible o mapa interactivo coas paradas e o percorrido da Comitiva Real.
Pola tarde a Policía Local pechará ao tráfico a PO-308 cun operativo especial que garantirá a seguridade de todos no percorrido da cabalgata en circuito pechado. Sairá da avenida de San Xoán (Costa de Albar) con dirección avenida de Encoirados e chegada a avenida Porteliña en San Salvador de Poio. O tramo estará pechado ao tráfico dende as 17:30 horas permitindo ata esa hora o estacionamento en todo o treito.
Os vehículos que se atopen estacionados en ambas marxes do percorrido non poderán saír ata o remate da cabalgata, como medida de seguridade.
Para garantir a circulación rodada, os vehículos que circulen de Sanxenxo con dirección Pontevedra serán desviados na rotonda de As Bardancas (O Remo) cara a VG4.8 e os vehículos que circulen dende Pontevedra hacia Poio serán desviados na rotonda Pazo Besada cara Lourido, Campelo ou a autoestrada AP-9, habilitando así itinerarios alternativos.
Recoméndase que aqueles vehículos que circulen desde Pontevedra ou Vilagarcía con dirección Sanxenxo utilicen o vial norte, a VG4.8.
O corte da PO-308 estará debidamente sinalizado e regulado por axentes da Policía Local.
Para o desenrolo do operativo cóntase coa colaboración de Protección Civil e os servizos operativos do Concello.
A Concellería de Seguridade Cidadá, Cultura e Policía Local, organizadores do evento, fan un chamamento a veciñanza para disfrutar dun día máxico para os máis cativos e os non tan cativos.
Relacionadas:
-
Xornada de ilusión en Poio coa visita das Súas Maxestades de Oriente
Por Redacción |
-
As Súas Maxestades de Oriente visitarán os concellos da comarca
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A choiva toma posicións e acompañará aos Reis Magos na súa visita ás Rías Baixas
Por Redacción |
-
A programación de Nadal de Poio arrancará coa chegada dos Bolechas o día 30 de decembro
Por Oskar Viéitez |