Pontevedra prepara un operativo de tráfico con motivo da cabalgata de Reis
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra vén de presentar un operativo de tráfico con motivo da cabalgata de Reis prevista para este venres día 5, con saída ás seis da tarde e que percorrerá as rúas Xosé Malvar, Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena e Praza de España.
Na rúa Xosé Malvar, lugar de concentración e saída da cabalgata, cortarase o tráfico sobre as 16:30 horas, e no resto do itinerario sobre as 17.30 horas, aínda que podería adiantarse dependendo da afluencia de público ou das necesidades do servizo no resto das vías afectadas.
A rúa Echegaray é o lugar de recollida das carrozas para a saída da cidade. O peche desta rúa Echegaray provocará, puntualmente, o corte de tráfico na rúa Alameda con desvío, saída da cidade, a través da Ponte das Correntes.
Ademáis a partires das 8:00 horas do venres prohíbese o estacionamento na rúa Xosé Malvar e a partir das 12.00 horas tamén nas rúas Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal. Dende as 15.00 horas non se permitirá o estacionamento nas rúas Echegaray e Alameda.
Dende este mércores estase a colocar o valado coa advertencia da data e hora da prohibición de estacionamento en todo o percorrido. Os vehículos estacionados con antelación á colocación serán traslados a outro lugar.
Os vehículos que estacionen con posteridade serán denunciados e retirados coa guindastre municipal e abonarán as taxas correspondentes.