Detido un veciño de Pontevedra de 71 anos por traficar con haxíx
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra procedeu á detención dunha persoa de 71 anos de idade por un presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas, concretamente haxix.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía local, o pasado 28 de decembro, sobre as 20:30 horas, unha patrulla de axentes municipais procedeu á detención desta persoa.
Estas mesmas fontes sinalaron que desde hai tempo a Policía Local de Pontevedra estaba a recibir diversas queixas sobre as actividades delituosas que presuntamente estaría a cometer esta persoa de avanzada idade, actividades que consistían na venda de substancias prohibidas, tanto a persoas maiores como a menores.
Tras varios días de vixilancia, os axentes puideron constar o mesmo "modus operandi" por parte desta persoa. Tras contactar co presunto comprador que se achegaba ata el, case sempre en cafeterías preto do Hospital Provincial, o sospeitoso ausentábase do lugar e accedía á súa vivenda, regresando e efectuando a transacción.
Ata en tres ocasiones, os axentes da Policía Local constataron a venda de haxíx.
Deste xeito, o pasado día 28 de decembro, sobre as 20:30 horas, os policías despois de observar unha transacción e identificar o comprador, procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Comprarías este Porsche Panamera por 35.000 euros?... E se pertenceu a un narco?
Por Oskar Viéitez |
-
Oito detidos en Bueu por vender droga a pequena escala
Por Redacción |
-
O transporte escolar de Poio supera con éxito todos os controis
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local realizará unha campaña de control de drogas e alcol na semana de ceas de empresa
Por Redacción |
-
Detido con 11 doses de cocaína preparadas para a súa venda
Por Redacción |