Así será a axenda dos Reis Magos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Os Reis Magos chegarán o 5 de xaneiro, xa de mañá á cidade.
- 10.45 horas. Saída do Concello da comitiva cara ao pazo de Mugartegui para a recepción oficial. Percorrido: Michelena, paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira, Mugartegui
- 11.00 horas. Recepción oficial no pazo de Mugartegui
- 18.00 horas. Cabalgata de Reis.
- Percorrido: José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España, Alameda.
Na comitiva da cabalgata participará a charanga Airiños de San Martiño, o camión escaleira de Bombeiros, un grupo de cabalería, a carroza "Epi e Blas" da Zona Monumental), a charanga Charandonga, a carroza "Merlín" patrocinada por Avícola de Galicia, o grupo Dúos Pontes, a carroza "Cine" patrocinada por Supermercados Froiz, o grupo folclórico "Pola Vila".
Pablo Méndez Perfomance presentará os espectáculos de animación "Steampunk", os "Bailaríns led e as xigantes" e o "Dragón inchábel"
Xunto aos paiasos e malabaristas, Rivel Animación, tamén desfilará con "Adornos da árbore de Nadal" e o xogo "Quen lle pon o cascabel ao gato".
Art-Monium encargarase dos pasarrúas "A galiña dos ovos de ouro", os "Carboeiros", o "Bosque animado" e os "Ratos chocolateiros".
Troula ven coas súas "Mascotas", os "Bombos do carteiro real" e "O séquito branco".
Tamén participan un grupo de pastores e varios camelos e por suposto as carrozas dos reis Melchor, Gaspar e Baltasar.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos, sen medo á chuvia: "Haberá cabalgata si ou si"
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |
-
A choiva toma posicións e acompañará aos Reis Magos na súa visita ás Rías Baixas
Por Redacción |
-
Pontevedra prepara un operativo de tráfico con motivo da cabalgata de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Crece o "descontento" do Concello coa empresa da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Nadalocio, tan típico como o turrón
Por Mónica Patxot |