O PXOM de Marín entrará en vigor en 15 días
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial da Provincia do 15 de outubro de 2012 publica a normativa e as ordenanzas do documento urbanístico de Marín do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Isto supón que dentro de 15 días entrará en vigor e poderá aplicarse en todo o término municipal.
A alcaldesa marinense, María Ramallo, celebrou que con esta publicación "culmina un traballo realizado moitísimo esforzo, moita entrega, algunhas concesións, pero en definitiva un traballo de todos".
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e máis concretamente a Secretaría Xeral de Urbanismo que dirixe Encarnación Rivas, realizou a revisión do Texto Refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O Concello de Marín estaba obrigado a redactar un único texto que refundiese todo o documento aprobado para facilitar a súa aplicación e a súa posterior entrada en vigor.
Por si había dúbidas, expresamente contén a modificación realizada no seu día para as condicións necesarias para a construción dun Centro de Saúde.
A Alcaldesa de Marín e o Concelleiro de Urbanismo mostraron a súa satisfacción e agradeceron o traballo a todos os grupos políticos desta Corporación e das anteriores, "porque o traballo de todos ha fructificado neste traballo moi importante para o futuro e para o presente desenvolvo de Marín", dixo María Ramallo.
O Concello está articulando a súa publicación na páxina web do Concello e organizando as distintas visitas que terán lugar por cada unha das parroquias, para facilitar unha aproximación da información e unha maior transparencia e explicación do documento urbanístico.